Agótase a veda do polbo e da nécora e a partires do vindeiro luns a amplia flota que se dedica á captura do mellor cefalópodo do mundo (o galego) comezará ca súa faena habitual. Nasas preparadas e barcos limpos e pintados como a petena volverán a abastecer ós nosos mercados con productos daquí. Os pulpeiros normalmente teñen que esperar aos meses de Septembro en diante que é cando normalmente é rentable no referente as cantidades pero o gran prezo que volvíu a acadar o noso polbo en lonxa fará que compensen as supostas escasas capturas nos meses de vran. Agora que escasea a xarda (palabras dos mesmos profesionais) tamén se lle da permiso para poder capturala, cun tope por barco de cerco e día de 8000 kilos, os redeiros poderán largar as súas redes na procura dunhas caixas da preciada cabala. Boa pesca e bos ventos para todos.
si,boa pesca para todos.o que tamen tiña que estar permitido e pescar merluza que hai abonda...
ResponderEliminar