O redeiro Cuarto Cabo Naval - Camariñas |
Aínda que a pesca de anchoa está autorizada dende o 1º deste mes para máis de medio cento de redeiros con base nos portos de Camariñas, Malpica, Sada, Ares, Pontedeume, Burela, Celeiro, Foz, Aguiño, Arousa, Portonovo, Cangas, Vigo e Redondela, aínda son moitos os barcos que non decidiron adentrarse no golfo de Vizcaia porque normalmente ata mediados de Abril en diante non é ata cando este peixe fai maior presenza. Cabe salientar que este ano o cupo establecido para a flota de cerco aumentou prácticamente o dobre pasando das máis de 15000 toneladas do ano pasado (entre España e Francia) ás case 30000 deste ano e con mellor reparto para os barcos españois que no exercicio anterior (6000 Tn. Francia e 24000 Tn. España). Parece ser que esta campaña pode ser boa dada a gran recuperación que a Anchoa tivo despois dunha veda de 5 anos. Co cupo de xarda finiquitado nestes intres, e cun novo cupo por barco de cerco de 10000 kilos/día (poderá ser modificado segundo evolucione a actividade) desta especie é o enfoque máis positivo que poden ter os redeiros reducindo así a presión doutras especies como a sardiña e o xurelo. As queixas que os do Cantábrico teñen cuns dispositivos de separado de peixe dos que están dotados varios buques galegos son a polémica deste ano.
habra que ir donde se poida janar un peso.
ResponderEliminar