Páginas

jueves, 22 de marzo de 2012

Comezaron as obras para a instalación do surtidor de gasolina en Camariñas

Vós pensades que van a facer algo? Non vivades de ilusións, incluso se di que poden sacar as subvencións do gas-oil dos barcos de maior porte con esto da crise. Entre todos podemos (eso que unha asociación de armadores de pesca artesanal en Camariñas brilla pola súa ausencia) e polo visto foi favorable dunha vez por todas o tan ansiado surtidor para os motores profesionais que funcionan a gasolina. Cunha bonificación que pode acadar un 50% no prezo do litro de combustible (non pagaríamos impostos de luxo aplicados a turismos) esta é sin dúbida a mellor medida posible para dar osíxeno a un sector cada día máis castigado en Bruselas onde polo visto non están ben orientados da realidade que supón a importancia deste colectivo de armadores galegos nas economías das vilas pesqueiras  nin equiparar as formas de pescar en altura con baixura onde tamén xeneran un importantísimo número de postos de traballo directos e indirectos. Cunha reforma da PCP (política común pesqueira) para os vindeiros anos que castigará duramente as diversas formas de traballar no mar. Cunha consellería de Pesca que tanto a nivel nacional como autonómica está sendo compartida no nome e na mesa con Medio ambiente e Rural e cun futuro bastante incerto ata que se vaian esclarendo as intencións da comisaria de pesca comunitaria. Son moitos os temas pendentes a debatir e probablemente o sector non teña moita voz (ou reunións), quizáis sexamos os que menos pintemos pero aquí estamos. De momento, e ao que íamos, hoxe pola mañán comezaron a facer as zanjas para colocar as mangueiras, revisións dos tanques, desgasificación, reparación dunha fuga e instalación do surtidor que faltaba. Agora, responsabilidade total por parte de todo o sector, xa nos entendemos.

2 comentarios:

  1. a vida dache cada sorpresa de quen menos te esperas.a min sejuro que non me entendes.

    ResponderEliminar
  2. seguros que moitos picaros aprobeitaranse desta xusta e necesaria medida a o sector pesqueiro pra reportaxe de automobiles,non sei ahora,pero iso mesmo tiña constancia de que o facian co gasoleo fai uns anos.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo