Páginas

jueves, 8 de marzo de 2012

Un fraude forestal a grande escala salpica a 300 persoas entre eles funcionarios e banqueiros

Non era habitual ver grandes fraudes e outras actividades ilícitas por esta zona chamada Costa da Morte entre políticos, funcionarios, banqueiros ou calquer administración das que supostamente deberían velar polo ben común dos cidadáns pero resulta que pouco a pouco vanse destapando formas sucias de actuar por parte de xente arribista que aproveita o seu sillón, neste caso silla de madeira e posiblemente fabricada con algunha das actuacións ilegais que unha empresa de Vimianzo, Maceiras & Esmorís tiña "supostamente", en complot con 300 persoas, entre elas banqueiros e funcionarios, que se embolsaban grandes cantidades de diñeiro falsificando firmas de propietarios e particulares  aproveitando da administración autonómica importantes subvencións para realizar traballos de reforestación que en moitos casos nin se facían e levaban igual o OK polos servizos prestados. A Federación Rural Galega (FRUGA), organizou os 14 expedientes (que poderían aumentar) de particulares que estaban sendo perxudicados pola falsificación da súa firma e DNI e incluso ser titulares de contas bancarias que nin eles mesmos sabían. Toda esta falsificación documental do modus operandi que esta empresa tiña montado está sendo investigada no xulgado de Corcubión e podería ser a punta do iceberg dun entramado moito máis extenso na Costa da Morte. Desde FRUGA fan un chamamento a calquer cidadán que teña a mínima sospeita de estar nunha situación similar. Subvencións que eran ocultadas e que varios propietarios cobraban sen sabelo e o máis chocante para a Federación é que a Administración Autonómica estaba ao corrente destas irregularidades e nun silencio absoluto, de momento non deron resposta.  Demasiado chourizo neste país para tan pouco pan.

Fontes: www.fruga-galiza.org, www.quepasanacosta.com, www.anosacosta.com

A FRUGA organiza aos afectados e afectadas pola presunta fraude de “Maceiras e Esmorís”


A solicitude irregular de subvencións forestais afectaría a centos de habitantes da Costa da Morte, e, probabelmente, estenderíase a outras zonas da Galiza.
Logo das distintas denuncias apresentadas o empresário Manuel Maceiras está imputado por fraude.
Cee, 7 de marzo de 2012.- Os até agora 14 expedentes presuntamente irregulares dos que ten coñecimento a FRUGA poden ser tan só a punta do iceberg dun entramado moito mais extenso que ocultaria o cobro de subvencións dirixidas a propietario e propietárias forestais, e que beneficiarian directamente à empresa Maceiras & Esmoris, domiciliada en Vimianzo. Todos estes expedientes coinciden no uso de documentación e dados persoais de distintos veciños e veciñas da Comarca, asi como na presunta falsificación das suas sinaturas en distintos documentos, tanto relativos às ditas subvencións como bancários, entre outros.

“Modus operandi”
Os responsabeis dos expedentes presuntamente fraudulentos elaborarían “grupos informais” de propietarios/as forestais valéndose de fotocopias de Documentos de Identidade compilados pola empresa, entre os/as que “designaban” un/ha representante, ao abeiro das distintas Ordes de axudas que anualmente publicaba a Conselleria do Médio Rural e anteriormente a Conselleria de Agricultura, dirixidas a forestación e mantenemento de superfícies forestais.
Nestes expedentes, parcelas forestais eran atribuídas a distintas persoas sen que estas foran propietarias das mesmas. Ademais, entre os beneficiários/as das axudas aparecen en distintos expedentes o próprio empresário, asi como membros da sua família e empregados cualificados da sua empresa, atribuindose leiras que non son da sua propiedade mediante o emprego de declaracións xuradas. Para non levantar sospeitas, as persoas que figuraban como responsábeis do grupo de solicitantes eran “domiciliadas” en dous apartados de correos da Oficina de Correos de Vimianzo.

Actuacións forestais que se realizaban, às veces si, às veces non.
Unha vez certificadas as actuacións forestais obxecto da solicitude, a Administración procedia ao ingreso dos cartos na conta proporcionada e certificada como dos/as solicitantes. Aqui chega a segunda grande surpresa dos e das “solicitantes”: descubrir a existência de contas abertas aos seus nomes en, cando menos tres entidades bancárias distintas de Vimianzo sen o seu coñecimento nen consentimento. A ditas contas chega o importe das subvencións correspondentes a cada um/unha dos e das integrantes do grupo. O importe da subvención era retirado polo denunciado ou persoas próximas a el (nesas contas figura sempre como cotitular Manuel Maceiras, e persoas chegadas a el) ,para posteriormente auto-liquidarse o importe da factura correspondente. Hai que indicar que aproximadamente a metade do subsídio correponde a traballos de mantimento e desbroce posterior à plantación, que ainda que non se realizaba, era certificado como realizado nos expedentes denunciados.

Tanto a administración autonómica como a xustiza, ao corrente dos feitos.
Desde a aparición dos primeiros casos até hoxe foron xá un bo grupo de persoas as que puxeron em coñecimento tanto da Xustiza como da propia Adminitración Autonômica os feitos denunciados. Asi desde o Xulgado de Corcubión xá se ten chamado a declarar a alguns dos denunciantes, asi como ao empresário. Non sucede o mesmo coa Administración autonómica: tanto o ate hai poucos dias Secretario Xeral da Conselleria do Médio Rural, como o próprio Conselleiro de Médio Rural, hoxe subdelegado e delegado do Governo, respectivamente, entre outros, recebiron comunicacións dos e das afectados informandolles do acontecido e solicitando a aclaración dos feitos nos que se ven envoltos, sen que se producira a dia de hoxe resposta aos mesmos ou sen que se tomara medida algunha encamiñada ao esclarecemento dos mesmos, máxime cando resulta mais que evidente a necesária colaboración de persoas na escala administrativa que, ou ben por acción ou por omisión, contribuiron à realización desta presunta fraude.

Prexuizos para os afectados e afectadas.
Á indefensión provocada polo utilización de dados persoais, suplantación e falsidade documental hai que engadir un outro aspecto non menos preocupante como é a percepción (teórica) de subvencións e a sua obrigada declaración anual no IRPF. A imputación de ingresos que se está a efectuar de xeito indiscriminado a persoas sen o seu coñecemento mediante esta atribución falsa de propiedades pode levar a distintos problemas tanto coa Administración Tributária como coa Seguridade Social, xá que moitos e moitas das afectadas son pensionistas que, de mediar outro tipo de ingresos aparte das suas pensións poderian ver perigar parte destas (complemento a mínimos, por exemplo), cousa que sucede ao percebir subvencións.

Necesidade de organizarse e denunciar.
Desde a FRUGA – Federación Rural Galega facemos um chamado a todas aquelas persoas que teñan a mais mínima sospeita de atoparse nesta situación a que denuncien a mesma. Para isto a FRUGA oferece os seus servizos na Costa da Morte para asesorar  e organizar aos posíbeis afectados e afectadas. Hai que lembrar que, aparte dos perxuizos que poidera ocasionar ter sido obxecto desta fraude, o siléncio e o feito de non denunciar pon en difícil situación à vítima.

1 comentario:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo