Páginas

martes, 10 de abril de 2012

O ex "Gallego José" con 2 metros máis de eslora...!!Quién te ha visto y quién te ve!!

  
Fai algo máis de 3 meses que o que fora redeiro da carismática familia dos Caamaño (Xaviña) xa navega polo Cantábrico. Barco salpicado pola polémica estabilidade, aprobada a construcción destes moldes por unha capitanía de Pontevedra con revisións de todos coñecidas moi laxantes en comparación da coruñesa, a mesma  que rechazaba as probas técnicas 4 anos despois da súa botadura, empuxada á raíz do naufraxio nas Sisargas do seu xemelgo O Bahía e cargando no eslabón máis débil da cadea, no armador. Que máis quixeran os Jallegos que poder dar eses dous metros que lles esixiron anos despois e non ser bailados burocráticamente para rematar vendendo un barco pola módica cifra de 150000 euros,  tentado na actualidade  por outro armador de Camariñas...O Gallego José  que tanto desgastou á noble familia tanto moral como económicamente falando de perdas. Marino Díaz, natural da localidade asturiana de San Juan de la Arena trocoulle o nome a medias, "Marino y José" e co mesmo folio, engrosa agora o censo asturiano de cerco que está composto por pouco máis de media ducia de barcos. Neste vídeo, grabado in situ na mesma ría na cal fixeron a súa reforma, no Asteleiro Ría de Avilés foi grabado para ser exposto nesta galería por un gran amigo camariñán ata médula, Manuel volve  deleitar ás ducias de armadores que se interesaron dende o primeiro día polo "Jallejo", porque, estea onde queira, sempre será o "Jallejo"...





http://camarinasdirecto.blogspot.com.es/2011/02/que-foi-do-barco-camarinan-gallego-jose.html

Pescar pescar, de momento non pesca moito. Sentirá morriña?... Como sempre, gracias Manuel...

2 comentarios:

  1. ahora que teña mais suerte da que tuvo hasta ahora.a pescar ben.

    ResponderEliminar
  2. NON SEI COMO FAS PARA DAR COS VIDEOS PRIMO,, FAS PAPILLA. A VERDAD E QUE PARESE QUE QUEDOU BASTANTE VEN AVERIA QUE VELO NO MAR CON ALJO DE MARAJADON AVER COMO FAI.....

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo