Páginas

jueves, 17 de mayo de 2012

A Comisaria Europea de Pesca promete levar ao Parlamento Europeo as inquedanzas da flota artesanal

María Damanaki
Despois da reunión mantida por representantes da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, encabezada polo flamante presidente, Genaro Amigo, a Comisaria Europea de Pesca, a grega María Damanaki mostrou interés en apoiar varios dos puntos máis importantes que se negocian ca nova Política Pesqueira Comunitaria  especialmente co sector da pesca artesanal. Unhas prácticas de pescar totalmente diferentes as dos buques factoría. O noso sector reclama que se revisen e adapten á realidade as novas cuotas transferibles (ITQ) e solicitan que non se cerre o grifo ás axudas por paradas biolóxicas á flota artesanal (onde está esa flota que recibe prestacións?) e moito menos aos desguaces. Ademáis demándase que o fondo europeo de pesca non retire as axudas á construcción de novas lonxas e que se retrase o Rendimento Máximo Sostible (RMS) máis alá do 2015. Parece ser que a satisfacción dos pósitos españois coa grega son positivos pero agora falta que os demáis países membros da Unión Europea estean dacordo e así poder satisfacer ámbalas partes (Bruselas e Pescadores). Ao remate desta reunión que durou máis de hora e media, o Presidente da Federación Nacional de Confrarías deixou unha pedra no tellado do Goberno Español indicando que defenda os intereses da flota de baixura sobre todo no relacionado ao Sistema de Cuotas Transferibles. A actitude da comisaría levantou algo de optimismo a uns e segue o pesimismo noutros. Javier Garat (secretario xeral  de CEPESCA) considera que "van mal" as negociacións e vaticina máis paro no sector. Recalca que o descoñecemento real do sector en Bruselas está sendo influenciado negativamente pola ONG ecoloxista. Vai máis alá co seu convencemento de que moitos deputados con asento no Parlamento Europeo non teñen idea de pesca e as actitudes radicais que se pretenden impoñer están a protexer máis aos animais que as persoas. 

2 comentarios:

  1. Y yo me pregunto...¿Qué pensará esta señora cuando le expongan la importancia del sector pesquero en España y concretamente en Galicia y vea que tenemos media cartera?...en fin que hay que compartirla con Agricultura.

    ResponderEliminar
  2. Hola Miguel como che dixen en persona von a opinar libremente hoxe por primeira vez.O primeiro que fajo cando encendo o ordenador e mirar a voz de galicia e os demais diarios pequenos do noso pueblo e podoche decir de novo que non envenenas con malas politicas nada do que escribes.Deixas frases entreditas,non eres santo pero nunca envenenas e vas ca realidad por diante.Repito que en Camariñas e mui dificil ir ca verad por diante,cortanche as pernas e ojala que as tuas non chas corten,millor dito as mans e tuas enriquecidas neuronas.Sigue nesta liñea compañeiro

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo