Páginas

domingo, 24 de junio de 2012

Miles de persoas vibraron nas portas do solsticio ata altas horas da madrugada

Campaña servindo copas españolizadas
Qué pensará o único santo ao que se lle rende homenaxe o día do seu nacemento cando ao abrir as portas do solsticio divisa a Area da Vila. Nin a fresca noite (derretida pola calor da enorme fogueira), nin os altos precios da sardiña, nin as máis sedentas bocas ensalitradas pola pel do peixe por excelencia foron quen de inmutar aos centos de persoas que según entraba a noite se ían multiplicando e unha vez contabilizadas "mil" houbo que parar e así dar tempo a desfrutar dos pasodobles e cumbias que de fondo sonaban en forma de Galilea. Pequenos, medianos e altos esperando a entrada en acción das e dos gogós da Fáctory disco móbil...por todos os costados deste enclave convertido na noite de onte nun Orzán vibraron numerosos veciños e demáis visitantes chegados de diferentes lugares. Primeiro con España (que amosen os galos agora os guiñoles) e despois cos fogos artificiais que acenden a maior laparada da Costa da Morte a xente desfrutou e vivíu a noite máis máxica do ano ata altas horas da madrugada. Cada ano máis, o primo de Xesucristo (San Xoán) ten en Camariñas o seu ritual para espantar as meigas terra e mar adentro. Tan só nos queda agradecer o enorme traballo dos "Campaña and Company" e colaboradores.



Todo o concello de Camariñas vive intensamente a noite de San Xoán. En cada unha das 4 parroquias préndense peculiares e importantes fogatas. Tamén as principais cafeterías da fachada marítima fan un enorme esforzo ofrecendo aos clientes que quentan motores, as mellores  sardiñas, xurelos e churrasco nun ambiente familiar. Despois a visita á Area da Vila é indispensable
    Sardiñadas a prezo de mariscadas ante a escasez de capturas nestes intres de elevada demanda e "Lume" aos malos presaxios..
Na imaxe da esquerda "Maitinha". O diamante político sen pulir que forma parte da Comisión de Festas do Carme de Camariñas. Unha festa que tamén conta coa tradicional sardiñada e que este ano, ante o descomunal programa que teñen preparado, precisa máis que nunca de carismáticos veciños que desinteresadamente traballan todo o ano para que sexa posible celebrar o Carmen de Camariñas a altura da Virxen máis grande que temos. A reina dos Mares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo