Páginas

jueves, 21 de junio de 2012

Camariñas vivirá a noite de San Xoán máis espectacular que se recorda

A Asociación Lumarea (que este ano cumple o seu V aniversario), tras un grande esforzo, veñen de maquinar un  impecable programa para poder vivir unha das noites de San Xoán máis espectaculares que se recordan na nosa bisbarra. Cada ano que pasa superan o prácticamente insuperable e a verdade sexa dita, sen apenas ruído, o que antes eran fogatas a pé dos emblemáticos barrios de Corea e do Campo nas cales centos de persoas observaban ata convertirse en cenizas e ás veces peligrosas, foron maxistralmente concentradas nunha soa, nun enclave paradisíaco como é a praia da Area da Vila. Centos de veciños foron convertíndose en miles e as máquinas humanas que compoñen esta asociación dedicáronse a traballar desinteresadamente a destajo para que todos os que nos acerquemos alí poidamos vivir a noite máis máxica do ano comenzando pola tardiña cunhas fresquísimas sardiñas, pan de brona e viño...os máis pequenos entretidos e controlados cos xogos e hinchables. Máis entrada a noite e co bandullo cheo co peixe máis buscado por estas datas, para facer unha boa dixestión nada mellor que bailar ao son dunha orquestra ou da discoteca móvil. España!!, quen se pode perder ese partido de Eurocopa, non falta detalle, "unha pantalla xigante" emitirá en directo para poder disfrutar dos Iniesta, Casillas e compañía. Canto custaría todo iso e ao mesmo tempo espallar as meigas e malos presaxios presenciando a grandísima fogueira que se prende ás 12 da noite, fogos artificiais incluídos?...Aquí non custa nada, totalmente de balde. Nunha nota remitida pola asociación Lumarea que agradecemos especialmente por ser das poucas asociacións e institucións que remiten algo a Camariñas Directo, queda en puño e letra o enorme (grande é o que conta cos humildes), serios e impresionantes preparativos (agradecendo especialmente ás empresas colaboradoras) "invitándoche" a visitar Camariñas para que vivas unha noite inesquencible. Eu asegúroche que  !!Non te arrepentirás!!

Como cada ano chegado o San Xoan,a Asociacion LumArea organiza a lumarea mais grande da costa da morte e posiblemente de galicia.Este ano celebraremos a V edicion e  contaremos co programa mais importante de todalas realizadas.
Comezaremos apartires das cinco da tarde,con hinchables para que os mais pequenos disfruten,apartires das sete da tarde comezaremos ca tradicional sardiñada,que ira acompañada ,coma cada ano polos famosos cachelos e broa.Este ano coa coincidencia co partido que disputarà a seleccion española contra Francia contaremos con unha pantalla xigante para disfrutar do partido,asi que animamos a todo publico asista a praia de Area da Vila para vibrar con España.
As doce da noite prenderemos a LUMAREA  e comezara a verbena coa espectacular orquesta GALILEA, que xunto coa FACTORY DISCOMOVIL,conseguiran que esta noite SAN XOAN sexa impresionante,e disfrutaremos de  festa ata o amencer.
Dende ASOCIACION LUMAREAS DE SAN XOAN,queremos agradecer a todalas empresas que colaboraron para que esta celebracion vaia crecendo cada ano mais.

1 comentario:

  1. que justo mañan comer a area da vila mikellllpoñesme o antiviros eu bloqueome dun forma que e unh pasada sefa

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo