Xa fai semanas que Don Enrique faleceu para certas personas de mala fe que viven no Concello de Camariñas porque en plenas Festas do Carmen, posiblemente os mesmos/as de sempre correron a voz como a espuma que o carismático propulsor coa súa cuñada Milagros do mítico restaurante 4 ventos acababa de falecer. Inexplicablemente e sin saber si esa maldade ven por soños entre sábanas ou porque existen cabezas que están como auténticas regadeiras telefoneábamos á súa cuñada para saber si tal calamidade era verdade resultando ser toda unha farsa. Onte, lamentablemente e un mes despois de tales rumores sin pes nin cabeza, paraba de latexar o noble corazón de Don Enrique Vázquez aos 74 anos de idade a causa dunha letal enfermidade. Un minuto longo de silencio apoderábase do encontro amistoso que disputaron o Camariñas F.C e os xuvenís do Deportivo da Coruña no hermanas Patiño na tarde deste Domingo (2-4 a favor dos coruñeses). Merecidísima homenaxe ao pai dunha das personas que máis fixo por este clube (de forma altruista), o seu único fillo Enrique dos 4 ventos. Casado máis de medio século con Dona Pilar, deixa trás de sí un profundo pesar na nosa vila pola súa proximidade e comunicación cos veciños e conveciños de ben. Moi coñecido, sociable, alegre e camiñante a cotío dos máis remotos lugares da súa querida Camariñas, deixa esposa, un fillo e dous netos aos cales ao igual que o resto da familia lles mandamos o noso máis profundo pesar e ánimos nestes momentos tan duros. Vaise outra desas persoas significativas, emprendedoras e loitadoras do noso Concello, insaciable traballador e mestre da cociña. Está sendo velado no tanatorio San Vicente de Vimianzo e o seu féretro sairá a partires das 17:30 con destino á Igrexa de San Xurxo. D.E.P querido Enrique e que Dios che teña na gloria eterna ao seu carón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo