Comezou o Outono e xa o primeiro día trouxo consigo unha forte borrasca que está azotando a varias provicias españolas pero con especial incidencia na costa noroeste. Prácticamente toda a flota de baixura está amarrada coas súas apropiadas medida de seguridade como é habitual sempre que algún fenómeno adverso se arrima á nosa costa. Transcurrindo de momento sen incidencias (en Camariñas), as previsións de ventos de sur-sudoeste entre 80 e 100 Km/h foron superados na vila de Lira onde as rachas acadaron os 107 Km/h. Trombas de auga incluídas, está previsto que a partires deste domingo o mal tempo vaia remitindo pola tarde que é cando se espera un forte chubasco e os ventos saltan máis a Oeste anque a melloría verase a escalas moi lentas. Anda a nosa páxina favorita de prediccións meteorolóxicas variando levemente pero todo parece ser que non será ata mediados-finais de semana ata que os ventos vaian xirando o seu rumbo de sudoeste a noroeste-norte e finalmente o nordés colla posesión de venres en diante. No mar as ondas acadarán os case 4 metros de altura especialmente o vindeiro mércores. As orellas do inverno xa se ven, lei de vida para os que vivimos nestes recunchos.
Cando lein esta noticia no medio do temporal pensei en esperar estes dias e fenomeno,clavastes as predicions que non sei ben donde mirades pero increible.Sigue asi deleitandonos Mikel e informando de cousas que realmente interesan.Chapeau.
ResponderEliminar