Esta mesma semana poden verse algúns locais libres e outros liquidando os seus productos por peche no Centro Comercial Finisterrae, en Cee. Vendo o que se ve, normal que a maioría presenten "quiebra", si ao elevadísmo prezo do alquiler lle sumamos o dos seguros correspondentes o lóxico é que se traballe como se di coloquialmente "para o inglés". Onte mesmo, un local libre de apenas 20 metros cadrados está dispoñible por 1795 euros mensuais, IVE e comunidade incluídos. Non caben dúbidas de que Cee é como unha pequena cidade en canto a servizos se refire e o centro comercial en por sí é moi frecuentado pero abrir un mini local destas características custa máis de 2500 euros/mes coas luces apagadas. Si custa esta cantidade en plena crise non queremos imaxinarnos o que custaría en tempos de bonanzas, de todas formas, cada un no seu oficio, é unha mera opinión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo