Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta dia a dia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia a dia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de abril de 2012

Normalidade total no temporal previsto e posiblemente a chuvia faga unha trégua durante as Festas de San Xurxo

Na imaxe barcos de Malpica e Muxía. Camariñas directo
Afortunadamente as rachas fortes de vento de Oeste previstas para o día de hoxe non afectaron tanto de cheo na nosa costa e sí máis no norte da nosa comunidade. Olas de 7 metros de altura (facendo cálculos mariñeiros, referencia baixos e profundidade) non caeron pero pouco menos. O mar de fondo tremendamente perigoso fixo que toda a flota siga amarrada a porto e mañán espérase máis do mesmo a pesares de que a forza de Madeleine remite nas últimas horas deste xoves. O venres comenza o que parece unha pequena trégua que pode durar  ata o vindeiro martes sobre todo en canto a chuvia se refire. Sería un milagre de San Xurxo para que se poida disfrutar das grandes festas previstas pola comisión de festas de Buría dado que o ceo promete estar encapotado e vai ser moi difícil escapar dalgún chubasco, non corren tempos recoñecidos e os ventos de travesía non queren afastarse de todo. Xa se sabe que veñen tarde as aguas doces pero que nadie dude dunha posible sequía na Costa da Morte porque aquí nunca se pode cantar victoria. Xa din os ditos vellos (é raro que fallen), xa non tocará a lotería pero o inverno..."aljo aljo siempre toca"....

martes, 3 de abril de 2012

A Mostra do Encaixe de Camariñas e o Cristo de Fisterra volverán a ser o reclamo de miles de persoas por Semana Santa

Como ven sucedendo durante todos estes anos, a artesanía volverá a ser un dos centros de atención máis importantes para os miles de visitantes que se acheguen a Galicia. Este ano, con serios recortes por parte de administracións e dada a situación actual de crise local, a vixésimo segunda Mostra de Encaixe de Camariñas contará cun programa diverso e perfectamente acoplado ás raíces camariñanas. Exporanse ideas que nunca antes se fixeron como a Marea Branca do voluntariado do Prestige e unha exposición fotográfica para lembrar os días negros que especialmente a Costa da Morte vivíu por culpa do chapapoteiro. A partires do día 4 e ata o día 8. Rematarán os festexos o Luns día 9 ca festividade da Virxe do Monte. Pola parte relixiosa, o punto máis importante a visitar é Fisterra. Unha enorme devoción fai tamén que miles de almas se congreguen e vivan o día da paixón, desencrave e resurrección do Cristo. Outros concellos como Muxía ca festa do congro e Vimianzo ca atesanía no castelo completan a rica e diversa Semana Santa na Costa da Morte.

lunes, 23 de mayo de 2011

O PSdeG-PSOE de Camariñas gaña as Eleccións Municipais 2011 e desata a euforia de centos de persoas


Onte 22 de Maio de 2011 era o día que lle tocaba falar ao pobo nas urnas e así foi. Cun 80% de participación da cidadanía, Pichurri, actual e futuro alcalde nos próximos 4 anos conseguía 7 dos 13 escanos e volve a darlle ao PSdeG-PSOE a maioría  e van tres décadas (que se din pronto) no Concello de Camariñas. Como é lóxico, ao principio do reconto dos sufraxios mezclábanse emocións, nervios e inquietude por saber que pasaría a partires das 8 da tarde. Segundo avanzaban os minutos, a casa do pobo onde ten a sede o Partido Socialista íase enchendo de persoas de todas as parroquias de Camariñas que querían abrazar a un aclamado alcalde que non quixo dicir nada ata saber realmente as cifras exactas do reconto final. Unha vez a secretaria do partido Encarna Liñeiro emocionada e humildemente entonaba un "Ganamos as eleccións" levantouse a euforia de centos de persoas que se agolpaban dentro e fora da sede socialista ata ben entrada a noite. Sen ningunha incidencia e un respeto educacional en todo momento, Camariñas volveu a empuñar a Rosa e cerrouse un día pletórico de celebracións, abrazos e tensión contidas. Agora ábrese outra etapa, catro anos máis que D.Manuel Valeriano Alonso de León seguirá traballando arreo polo noso concello entre xuventude e veteranía. !!Felicidades!!