Hoxe o Sol saíu con forza e todo gracias á tradición pagana e milenaria que se ven practicando dende que existe a humanidade. San Xoán Bautista, primo de Xesús, o único Santo ao que se lle rende homenaxe á data do seu nacemento, seis meses despois de nacer Xesucristo, o mesmo que na noite de onte bendecía todos os campos para facelos máis productivos, o baño na auga especialmente das féminas para conseguir plena fecundidade, a noite onde se queiman os malos presaxios e se pide espantar as meigas, a noite máis máxica do ano era onte un auténtico espectáculo na Area da Vila. Foron varios centos de persoas, quizás miles as que se congregaron e poideron contemplar o espectacular encendido da máis grande Lumarea de Camariñas. Ás 00:00 horas comezaba unha traca de fogos artificiais que deixou sorprendidos aos alí congregados no momento que prantaban a mecha e o lume corría á velocidade da luz rodeando por completo ao combustible máis amigo das lapas que levaba uns días depositado nun enclave único. A tarde que era fresca foi derretida ca calor das laparadas e das almas que se xuntaron a desfrutar do gran grupo Samba que como non podía ser doutra maneira animou entonando cantigas mariñeiras ao compás do público, unha noite auténticamente máxica a vivida onte neste recuncho galego, un máis dos miles espallados por España e polo mundo enteiro que non queren deixar de lado a gran noite de San Xoán e practican este ritual que en Camariñas agora sí que podemos dicir foi a máis ano trás ano e convertíndose xa nunha cita indispensable.
Todo o vivido na noite de onte foi producto da gran organización que a Asociación Lumarea da Vila e colaboracións desinteresadas levan traballando e aportando durante os últimos anos. Calificada a noite de espléndida en todos os sentidos e sen ningún tipo de incidencia. Todo un éxito e polo tanto non nos queda outra que agradecer de novo a tod@s que fixeron posible que en Camariñas teñamos e vivamos un San Xoán de laparada, sardiñada e festa rachada.
que noite de san xoan tan chea de magia...
ResponderEliminarsi señooo Mikel fas Majas eu nn quiten ningunha fotiñoo jejeje
ResponderEliminarLusesita