Páginas

miércoles, 22 de junio de 2011

Xa está todo preparado para vivir un San Xoán máxico na vila de Camariñas

Faltan pouco máis de 24 horas para o encendido da espectacular lumarea que outro ano máis poderemos disfrutar todos aqueles que nos acerquemos ao marco incomparable da Area da Vila gracias ao gran  traballo que un grupo de xóvenes camariñáns organizan dende a Asociación Lumarea da Vila. Segundo a nota que nos brindan para publicar, a crisis non conseguíu frear o gran cartel de actividades previstas para mañán Xoves 23. Haberá hinchables para os máis pequenos a partires das 5 da tarde, o grupo laxense o Tren da Unha (que presentará o seu segundo disco) e o grupo Samba. Todo iso acompañado das tradicionais sardiñas, broa  e cachelos das 8 en diante, que por certo, este ano case imposibles de conseguir, hai escasez e moita demanda, o prezo do máis típico peixe destas datas subastouse a máis de  100 euros a caixa en lonxa, serviranse TOTALMENTE DE BALDE. Ás 12 da noite prenderase a gran fogueira 2011. Dende a asociación invítanche a que te acerques por Camariñas a pasar o día grande de San Xoán...¿Alguien da más?... lo dudo. Noraboa polo voso traballo compañeiros e gracias por facer que o día de mañán sexa unha noite auténtica para arder os malos presaxios e espantar ás meigas. Ven  a vivir o afiche da noite máis máxica do ano.



A gran lumarea do San Xoan  de toda costa da morte contara con moitas activiades e actuacions este ano.contaremos co grupo revelacion na costa da morte,os laxenses O TREN DA UNHA onde presentaran o seu segundo disco,contaremos tamen co grupo revelacion da axencia espectaculos Lito ,que non e outro que o grupo Samba.Non faltaran as tradicionais sardiñas acompañadas como manda a tradicion dos seus cachelos e a sua broa,todo esto TOTALMENTE DE BALDE.
Animamos a todolos veciños da costa da morte ,se acheguen a contemplar a maxestuosa lumarea que neste 2011 e mais grande que outros anos. Nota da Asociación.

2 comentarios:

  1. estes rapases cada ano superanse.muitas jrasias por faser que esto sexa xa unha tradision.

    ResponderEliminar
  2. A verdade que fan un gran traballo, Deus dea xente así. Por certo, que raro que non lle poñan colores políticos a esta xente, porque para algúns todo vale. O último que me quedaba por ver é que digan que a nosa Virxe do Carme, ten colores. Bo traballo rapaces da Lumarea e bo traballo a Comisión de Festas do carmen. ---estu---

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo