Atlántico.net |
Galicia, o fermoso país das mil praias de areas finas, pedruscas, chás, acantiladas, protexidas, virxes e salvaxes contará este ano con 130 bandeiras azuis entre areais e portos deportivos situándose no número 1 das comunidades españolas. A Costa da Morte, un dos enclaves únicos do litoral atlántico onde queremos e quizáis pensábamos que tiñamos algo, non temos nada. Tampouco é que teñamos un clima para tirar cohetes pero pobos onde a pesca, construcción e industrias viven en decadencia, o turismo podería ser un pequeno incentivo nos meses de vran. A bandeira azul e a Q de calidade que outorgan a Asociación de Educación Ambiental del Consumidor e o Instituto para la Calidad, respectivamente, non poderá certificarlle ás diferentes axencias de viaxes e turismo nacionais e mundiais, ningunha praia en Camariñas, Muxía, Fisterra, etc. Tan só Laxe poderá presumir de praia. Para conseguir dita distinción, entre outras priman as prioridades de areais limpos, papeleiras, un nº importante de aros salvavidas ou vixiancia socorrista, duchas, aseos, auga potable, non permitir cámping nin coches sin un lugar adecentado, acceso controlado de mascotas, arrecifes controlados e sinalizados, plans de emerxencia en caso de contaminación e outros perigos, etc...Última hora:
Hoxe día 7 de Xuño 2011 acaban de adaptar e readaptar varias praias máis a este distintivo:
Os concellos de Carballo, Cee, Carnota e Dumbría...En total ca praia de Laxe son 9 bandeiras as asignadas para a Costa da Morte. De todas formas, que cumpran cos requisitos de bandeira azul e Q de calidade só a praia de Laxe.
un bien por laxe...................mikel xa empesaba a poñerche de menos,aunque compañeiro xa sei que primeiro e o traballo.
ResponderEliminar