Páginas

viernes, 3 de junio de 2011

O naufraxio do Nuevo Luz provocou que a Xunta de Galicia cargue máis na liña de flotación dos mariñeiros

O Nueva Flor de España é o segundo barco
propiedade de Marcos Alfeirán.Camariñas directo
Marcos Alfeirán, coñecido por moitos dos que vivimos no mundo do mar, non imaxinaba o que se lle viña por diante cando despois de falar na lonxa malpicana con este redactor largo e tendido sobre o primeiro barco que adquirira en propiedade (Nueva Flor de España) e antes do fatal naufraxio do Nuevo Luz do que se fixo en propiedade fai meses, o xóven armador ía ver a morte moi preto a plena luz da alba, conseguindo sobrevivir ao igual que tres mariñeiros máis, lamentablemente dous deles afogaban por hipotermia, os seus corpos estiberon máis tempo do que normalmente se resiste nas frías augas. A 8 millas Oeste da Torre de Hércules, a 3 millas  Noroeste, faltando coordenadas nun principio (disque). Un patrón dos rescatados, un supervivinte e o mesmo Marcos confirman que estaban a escasas dúas millas da Pta Langosteira, exactamente no Mar do Monte. Todos os demáis armadores sabíamos o que se nos viña enriba, sempre culpa nosa e de nada serve ter o seguro de suscripción obrigatoria con danos a terceiros. As indemnizacións para os familiares de accidentados no mar e os estudos para supostos orfos, agora teremos que cubrilas nós, os mariñeiros. Un seguro colectivo non obrigatorio que á Xunta de Galicia lle custaba 1 millón de Euros e que ata o ano pasado  o actual presidente Feijoo en concordancia ca Consellería do Mar, decidían abolir, pasará a ser obrigatorio nas vindeiras horas afogando máis se cabe aos que viven na mesma liña de flotación.




O Nuevo Luz tiña 22 anos
o Nª Flor de España 30
Un sector dos máis importantes de Galicia que non pode pescar nada do  que hai no mar en abundancia (nestes intres), un gasóleo que despunta sen saber ata onde e cunha pila de leis sen sentido (por exemplo léase boias) e moi perigosas para nós, agora tócalle afrontar un módico millón de euros que protexía aos 30000 traballadores do sector mariñeiro agás un hipotético 25%. Máis ou menos un mínimo de 100 euros máis na póliza por mariñeiro enrolado. Que nadie se estrane si dentro de pouco temos que pagar a consulta de cabeceira, estamos en crisis compañeiros. Agamar foron os primeiros en protestar por esta nova lei, sexa quen fose o goberno que a aplicara, e agora o parlamentaria socialista e vocal de pesca Marisol Soneira, propuxo no parlamento en nome do seu partido unha proposición non de lei para que a actual Xunta recapacite e non deixe a cargo dos profesionais do mar os custes de dito seguro. Un como mariñeiro e armador dunha pequena embarcación, xóven pero con certa experiencia xa dilatada pensa, cantos 1 millón de euros se tiran pola borda.
Andan os investigadores  diske  intentando saber que pasou realmente no naufraxio do Nuevo Luz, aquí sábese todo exactamente, non fai falta ser moi listo, contado e certificado polos mesmos protagonistas. Hora exacta da chegada dos medios de Salvamento (que nun principio pensaron que se trataba dunha falsa alarma da radiobaliza, ás veces salta sola) e as conclusións de  patróns do Borrasca I e Rivera III que chegaron antes que nadie ao Mar do Monte (despois do ousado Suso do Martín Daniel) porque de non aver sido por eles, outros dous mariñeiros máis estarían mortos por hipotermia. O laxeiro Martín Daniel recibíu mal as coordenadas e atrasou máis de media hora, a máis importante para poder coller con vida a un náufrago. Máis adiante non te perdas o por qué da construcción de barcos ás veces estreitos ou curtos e pouco estables, aquí non hai polígono industrial (banco de GT) para poder facer barcos seguros, aquí hai roles moi antigos, da época que os daba gratis Franco para traballar, para unha flota moderna, por poder nin se pode poñer o motor que cres que necesita o teu barco a non ser que teñas un bo talonario. Seguridade sempre por enriba de todo, pero escoitade un día aos que viven e saben o que hai, non a catro que representan os seus intereses persoais. Sobre Salvamento dicir que lástima non poder ter un helicóptero na Costa da Morte porque os demáis medios son necesarios e inrecortables nin en tempo de crise, para que queremos os cartos si quedáramos sin xente. No goberno de Fraga aseguraban que ter helicópteros en propiedade era moito mellor que en mans privadas como se pretende co actual goberno, curiosamente tamén do PP, e vai e véndense na metade de prezo do que custaron ás nosas arcas os Pesca 1 e 2 que tanto traballo dou conseguilos (adquiridos por Fraga e conservados polo Bipartito),que non me diga nadie que a política non xoga un papel determinante nos cidadáns que lamentabemente levamos un dos retrasos máis grandes de Europa (os galegos). Agora sí, tampouco un entende como a sinal de SOS se recibe en Máspalomas, Canarias, avísase á base correspondente e en caso de dúbida, certifican en Madrid ou Santiago (fermosos lugares con grandes portos pesqueiros, si señor), non é de estranar que o helicóptero tardara 1 hora. Con fortes ventos, mar de fondo e sinal de SOS, esperemos por si llega la Concepción Arenal, ahorremos fuel del Heli.
A imprudencia que máis comete ás veces un armador é o ter que andar á parte, ao xornal da captura...quizás as abusadas confianzas e o pensar non me vai pasar nada a min, malo será, é o delito do mariñeiro pero nunca un home de mar, pensa nin pensará, von ir ao que salga nesta tempestade, primeiro o xornal, despois a vida, "xamás". Teremos que afinar máis os nosos medios particulares pero aumentaranse tamén os medios presentes dos que están para velar por nós?...Teremos algún día un helicóptero para atender especialmente aos miles de mariñeiros daqui?...De momento, medidas só para nós. Aquí do que se trata é de intentar sobrevivir sin ter que coller as maletas compañeiros. Ahí é todo máis doado, 27 de cada mes conta bancaria en verde. Adaptemos as necesidades á realidade, os demáis son relatos contados moitas veces por xente que non sabe o que significa Baja de Mar ou Hinchaso.

1 comentario:

  1. pajes os sejuros que che oblijan a pajar,siempre as paja o armaddor.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo