http://www.puertoarnela.es/ |
Ata 28 restaurantes de 11 muncipios comprendidos entre Muros e Malpica participan no segundo ano de Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte que organiza Neria. Unha vez presentada esta interesante xornada en Fitur (Madrid), os diferentes menús elaborados especialmente con productos do noso mar e da nosa terra por mans profesionais, poderán degustarse durante todo este mes de Xuño en tres restaurantes de Camariñas, Villa de Oro, O Meu Lar e no Hotel Rústico Restaurante Puerto Arnela (garantía de calidade). Cunha preparación con especial fincapé nos mariscos, os prezos oscilan polos 35 euros, bodega aparte. Tamén se pode reservar unha habitación dobre con desaiuno por 50 euros. O resto de locais participantes segundo a fonte que Neria ten na súa web son os seguintes: Casa Velay, O Semáforo, Tira do Cordel, O Centolo e O Fragón (no municipio de Fisterra), Casa do Arco e Zúrich (Laxe), Efe-Eme (A Picota), Insua e O Recreo da Costa da Morte (Cee), A Lareira (Baio), A Morosa (Carnota), Casa Pego (Antes, en Mazaricos), Casa Sabina O Castillo (Vimianzo). Ademáis, están A Cunca (Buño-Malpica), As Garzas (Barizo-Malpica), Casa da Crega (Caldebarcos-Carnota), Lestón e Cabanel (Sardiñeiro), El Hórreo (Corcubión), O Coral (Muxía), O Castelo Lusco e Fusco (Muros) e Mar de Ardora (Cabana).
aljuns xa os conoso e sei que estan mui ben,pero lastima de ir a todos jaja
ResponderEliminar