|
En verde os países que visitan Camariñas Directo |
Fai varias semanas un asíduo lector deste buque chamado Camariñas Directo comentábame que quixera opinar e non sabía exactamente como tiña que facelo, que mandara unha opinión pero que non aparecera publicada. No día de onte, outro estimado lector comentoume en Bolboreta que lle pasaba o mesmo, que non sempre lle saían os seus comentarios. Hoxe, mediante o correo electrónico unha persoa mencionoume as mesmas circunstancias e polo tanto queda aquí máis ou menos a forma máis sinxela para que poidas opinar sen problemas técnicos. Aproveito para agradecer a vosa asídua fidelidade dende varios países do mundo, supoño que hai camariñáns por todos estes lugares, algúns xa recoñecidos privada e confidencialmente (aínda que non opinen en público) e outros que non deixan de sorprendernos dende países como Rusia e Xapón. Non falamos de miles de visitas diarias, pero un humilde blog que abarque centos de visitas diarias é todo un mérito para esta redacción, unha ventá que foi feita con humildade e que nin sequera está expandida por outros puntos de amarre na rede como Facebook, etc agás centos de entradas provintes de coñecidos e grandes amigos que sí o fan deixando nos seus muros enlaces directos con esta web. Moitísimas gracias a tod@s por estáredes ahí e pola paciencia amosada cando por razóns de traballo non se actualiza o que un desexara. Sodes tripulación de primeira categoría...
Panel de Control
|
Páginas vistas por países última semana |
|
|
| |
Páginas vistas por navegadores última semana |
|
|
|
Páginas vistas por sistemas operativos |
|
|
|
|
Abaixo de cada entrada publicada está o recadro no cal debes escribir o que queiras opinar, como podes ver máis abaixo en" Comentar como", unha vez pinches podes facelo en "Anónimo" ou con outro nome, para iso terías que pinchar na casilla "Nombre y URL" e con que poñas un nome xa é suficiente. Antes de pinchar en "Publicar comentario" aconséllase pinchar antes de enviar en "Vista Previa". A continuación publicas e será recibido nesta redacción cando che aparezca en segundos "Tu comentario será publicado tras la aprobación"...Dous comentarios non foron publicados durante a nosa travesía por ataques a unha persoa pública e un máis foi retirado por petición do opinante. MAGIA, que máis de un/unha me preguntou quen era, leva A PLUMA de ouro por ser o primeiro/a en opinar e pola súa compañía tan fiel, que para ser realista non sei quen é, xa me gustaría sabelo, unha persoa que opina sen tapuxos nos mundos que corren que tan difícil se fai escribir nada para non molestar as moscas que tamén frecuentan os nosos mares, evidentemente non todos saen bos mariñeiros e hainos que están ca gadaña levantada 25 horas ao día. Quedou tamén reflexado dende o primeiro día na Carta Presentación que non sempre e por razóns de traballo se podería actualizar o que un desexara e estaba convencido de que o comprenderíades, a excepción que tampouco non sempre hai que publicar e moitas veces era mellor estar calados porque as novas nacen, non se inventan. Estimados navegantes, esto formádelo vós, solamente vós, o demáis vai só, así calquera leva un blog con tripulación suprema.
UN RECADRO COMO O DE ABAIXO É NO CAL DEBES SEGUIR AS ANTERIORES RECOMENDACIÓNS
Publicar un comentario en la entrada
Comenta en liberdade tan só respetando ás opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo dende Camariñas Directo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo