O maniquí cumple cas normas de seguridade |
Resulta un tanto curiosa a estampa que calquera que viaxe ata Coristanco pode apreciar a ambos lados da carretera AC-552, a única vía de comunicación que existe na Costa da Morte. Un maniquí que a primeira vista parece un obreiro, bandeira en man anda advertindo precaución, perfectamente articulado, equipado con un casco e unha funda de alta visibilidade, manda ao paro a un home e fai o seu traballo perfectamente sin asalariar e a pé de cañón a altura de Nantón. Parece ser que as obras van a bo ritmo, o bo tempo está axudando a que o trazado da que será unha vía de alta capacidade ata Berdoias poida estar finiquitada no verán do 2013. As empresas do consorcio terán unha concesión de 25 anos para poder recuperar os máis de 700 millóns de euros que custa a tan necesaria obra. As estadísticas din que diariamente circulan máis de 15 mil vehículos e máis da metade usarán a autovía, reduciranse uns 15 minutos desde Vimianzo a Carballo. Os case 42 km enlazarán nun futuro con dúas variantes, unha que enlazará con Sardiñeiro (Fisterra) e outra co porto de Brens (aínda sin trazar). O dito, que si estás vivindo por aquí xa estarás canso de ver aos maniquíes traballando pero si levas un tempo fora xa ves.
Eche o que hay,mais xente po paro Miguel,vai ser boa,un saludo
ResponderEliminarestas en todo coleja.un saludiño mikel.
ResponderEliminarnon vira eu o maniki este,ejjejeejje,,fas majas,ejjejje
ResponderEliminar