Páginas

sábado, 18 de febrero de 2012

Parte da gran flota de Camariñas tomou rumbo ao cantábrico esta madrugada e pescarán ao verdel

O Playa de Traba facendo víveres antes de partir
Esta noite pasada partían do porto camariñán varios redeiros da gran flota que dispón o porto da vila dos encaixes. O Cupido,4º Cabo Naval e o Muro de Fontán xa van navegando as case 300 millas de distancia que hai ata o punto de pesca. Xa na mañanciña, o Playa de Traba (patroneado polo estimado Juán "O Jordo" e parente desta redacción), o Baldomar Santos e o Gómez Suárez (patroneado polo patrón maior de Camariñas) tamén tomaban o mesmo rumbo pero ca excepción de que estos barcos van a practicar por primeira vez en Camariñas, unha modalidade de pesca innovadora para poder facerse cuns kilos de cabala, máis coñecida como xarda. O Siro segundo e o Xurel uno partirán a mediodía. As razóns principais de que parte da flota deste recuncho da Costa da Morte e tamén doutras confrarías das rías baixas (van máis de 400 barcos de todos os tamaños) tiveran que tomar rumbo a augas santanderinas e vascas a pescar xarda son que ao tratarse dun peixe peláxico e migratorio, é dicir, comeza a aparecer polo norte de España e máis tarde o que se pode safar sin ser pescado aparecería polas augas galegas, ten un cupo e ese cupo xa o esgotan antes de que os galegos poidamos atrapar o preciado peixe e polo tanto aquí sería a velas vir ou prantarse onde estean os bancos de peixe. O cerco de todos é coñecido e practicado moi comunmente pero a modalidade do  verdel, trata de pescar con anzois nunha espiñeira (uns 30 anzois xuntos) e uns carreteles que son accionados por un tripulante e automáticamente a xarda vai desenganchándose por unha canaleta inxeniada para dito fin é novedizo para os mariñeiros daquí. Camariñáns, que teñades moi bos ventos e moita sorte, boa pesca por Santoña e limítrofes e quen sabe, quizáis para o ano se multiplique a flota...



Partían de Camariñas hoxe e calculan que a ruta lles vai levar case 50 horas sen parar máquinas navegando a 7 nudos. Os mariñeiros de camariñas, innovadores, decididos e preparadísimos, como novidade van a pescar con liña e intentar facer o seu cupo diario desta especie, sobre un 2500 kilos e 8000 kilos para a modalidade de cerco (con rede). Posiblemente nestas horas se poida incorporar algún barco máis pero a intención dos que xa partiron (anticipadas disculpas si foi algún máis) é comezar o vindeiro luns a probar sorte e oxalá sexa fructífera polo gran gasto que supoñe partir cara outros mares lonxanos da súa morada. En Camariñas e Camariñas Directo serán postos en falta ao tratarse algúns de asíduos lectores anque como dixo onte un querido e carismático patrón...!!Alá tamén hai internet eh, érache boa, hai que ler as páginas do noso pueblo!!...cousas da morriña...Posiblemente en menos dun mes se esgote o cupo e retornen a porto camariñán. Como anécdota salientar que a Jema recibíu unha proposta de tomar dito rumbo encima dun redeiro (previo izamento ca grúa da rede),!! van máis pequenos chabal, hospedaranse na Casa do Mar!!...Moita sorte compañeiros...




2 comentarios:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo