Páginas

sábado, 25 de febrero de 2012

Os redeiros Lago Dos e Río Bao tamén partiron hoxe rumbo ao País Vasco

Na imaxe Reira, lembrando a súa marinería no Lago Dos
Este mediodía partían do porto de Camariñas rumbo ao País Vasco os redeiros patroneados polos irmáns Carlos e Manuel Campaña Carril, o Lago Dos e Río Bao respectivamente. Prácticamente eran dos poucos barcos que quedaron cando a semana pasada partiran xa oito barcos da flota camariñana. Navegarán con tempo en calma e si todo vai ben o próximo luns atoparanse cos demáis veciños da vila e intentarán largar xa as súas redes. O tope a nivel nacional da xarda que supostamente moi pronto vai rematar, foi unha das razóns máis determinantes para que centos de barcos galegos tiveran que poñer rumbo ao Mar Cantábrico, entre eles os de Camariñas. Nun principio estaba previsto que os caladoiros de Santoña, en Santander, foran o rumbo nómada ou exacto para quedarse pero a xarda estaba algo máis arriba e a flota camariñana desplazouse a Pasajes e limítrofes do País Vasco. A afinidade dos vascos cos mariñeiros galegos tamén son unha zafa a ter en conta para poder así traballar máis cómodos. O Panchita e Apóstol (O Argentino no paro), son dos poucos barcos que este ano decidiron quedarse aquí. A este paso...nin barcos nin xente (provisionalmente claro)...anque bueno, todo sexa por progresar. Sorte a todos os pescadores en especial aos camariñáns e Xarda a la vista!!...



3 comentarios:

  1. esto si que e dar noticias e non como os outros peleando e matandose e con malos rollos dios me librara miguel que te dedicaras total a esto,suerte mister

    ResponderEliminar
  2. Moi bo reportage veciño,eston totalmente dacordo co anterior comentario,a politica solo e pos politicos que pelean por un soldo non por un pueblo,sorte a os mariñeiros camariñans na pesca que todos chegen ben devolta as suas casa que e o mais importante,noraboa Mikel.


    REIRA

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo