O xefe de Repsol na caseta que presta servizo aos barcos |
Foi na tarde de onte cando un dos xefes de Repsol estaba medindo o sitio onde se vai ubicar o surtidor de gasolina para as embarcacións de todo o concello de Camariñas e Muxía. Javier, que representa á potente compañía de hidrocarburos na nosa provincia confirmoulle a este que redacta que será cuestión de dias ou escasas semanas cando definitivamente se establezca o tan necesitado surtidor. Estes vindeiros días vaise facer a limpeza do tanque que xa está subterrado e colocar a base ca tubería. Por comodidade e polo prezo (nestos momentos é case inviable encender motores), que agora axustarase á realidade equiparando con igualdade un mariñeiro da nosa zona con un da capital por poñer un exemplo. Sin dudas será a máis pequena inversión no noso porto e á vez a máis importante para a potente flota artesanal da que está composta a flota de todo o concello (faltaría ultimar o servizo móbil para Sta Mariña, Camelle e Arou cun simple acordo). Primeiro a Confraría de Pescadores de Camelle e Camariñas e despois o sector a pé de prensa, posiblemente consigamos a tan necesitada mangueira de gasolina, dise posiblemente porque neste caso non se trata de políticos, estos non todos nin sempre cumplen, Repsol previo acordo con Industria, esperamos con ilusión e forzas que sí o fagan. Dito surtidor é imprescindible para as máis de 100 familias que dependen de forabordas no seu medio de vida.
ojala se instale pronto
ResponderEliminarMikel estas haciendo una labor divulgativa muy positiva y valorando las cosas que de verdad necesita una sociedad,un pueblo.Te sigo a diario y aunque a veces no articules nada estoy interesadisimo a diario por lo que escribes.No me cabe la menor duda que conseguires dicho surtidor de gasolina.Capitan nunca dejes de escribir y lucahr.Abrazos
ResponderEliminarCoñecendo a vosa capacidade e loita non me cabe a minima duda de que conseguiredes a gasolina.Saludos Mikel
ResponderEliminar