Neste lugar os timadores foron sorprendidos en plena faena |
Esta mesma mañá de Xoves, unha parella con boa apariencia física andaban buscando firmas para facer unha residencia de maiores en Camariñas. Todo absolutamente falso, os avispados tipo e tipa duns escasos 40 anos, según fontes que recibiron a súa visita, eran sorprendidos cando trataban de timar a un xubilado armador moi coñecido na nosa vila. Cunha profesionalidade que aínda non se explican os afectados como poden facer, piden o nome e apelidos a cambio de nada, evidentemente despois piden o número do DNI e como saben que normalmente as persoas de máis idade non o saben de memoria, unha vez abren a carteira e buscan o seu carnet, un simple toque persoal en forma de resbalón "cas pertinentes disculpas" fixo que os señores Tono, Manolo e sobre todo Juán se decataran ao ver caer o billete de 50 euros que tiña na súa carteira sen atopar explicación á súa rapidez. Juán, que neses intres axudaba a reparar as redes de Pepe, armador do barco Panchita, apoiábase nunha pequena banqueta pero non para aguantar das mallas senón para darlle con el nas costelas se non lle devolvían o diñeiro esfumado. Iso fixo que a paso veloz soltaran o que non era deles e se esfumaran pola rúa da capela do Carme sobre as 12:30. Seguramente nestes intres estean planeando facer algunha visita a outros lugares da nosa Bisbarra ou sigan no noso Concello, dende Camariñas Directo lanzamos unha ALERTA a todos os lectores. Non se sabe si son os mesmos pero fai escasos meses xa fixeron presenza con estas mesmas sucias prácticas, individuos da mesma calaña conseguindo extraer algún billete.
GRACIAS POR AVISAR MIKEL E A POR ELES
ResponderEliminar