Páginas

martes, 29 de mayo de 2012

Uns que veñen e outros que se van

Si por unha banda chega flota para poder loitar contra a escaseza de traballos dignos sobre todo por estes recunchos galegos, nos cales o mar está safando a centos de familias, por outro lado tamén chega o fin á vida de barcos que xa forman parte da nosa historia mariñeira. Os barcos MªJose e Olaya (na foto) xa están convertidos en leña despois dunhas simples pisadas cunha pá en pleno Río Grande, no asteleiro porteño. Detrás destes recentes desguaces están as resolucións que a Consellería do Mar está ultimando con outros dous barcos camariñáns. Todos eles maiores de 20 anos e construídos con madeira, material cada vez máis extinguido e sustituído polo poliester. Ao carón da transformación dos buques pesqueiros, a dos carpinteiros...renovarse o morir.

4 comentarios:

  1. felis cumpleaños patron.deseoche que cumplas todolos teus deseos.

    ResponderEliminar
  2. Muitas jrasias MAGIA...aléjrame verche de novo por aquí...saludos, Mikel.

    ResponderEliminar
  3. Feliz cumple Miguel .algo tarde pero vale mais tarde que nunca,un saludo e cuidate.

    ResponderEliminar
  4. Igualmente Jose,Feliz Cumple para ti tamen.Saludos crak

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo