Páginas

sábado, 2 de junio de 2012

Chin lú...chin agua e chin ná

Que mal estamos estimados lectores, non pode un escoitar nin ver as noticias en ningún canal, todos falan do mesmo. Bankia por aquí, prima de risco e Merkel por alá, reformas e recortes ata nos billetes de 5 euros e non digamos máis porque farían falta miles de horas para debatir en sanidade, educación e o que nos faltaba, seguridade. Políticas aparte, parece ser que andan reboltos varios asuntos que un non entende como poden ser rentables para empresas privadas e non para públicas prestando os mesmos servicios. Unha empresa que o nome non quero lembrar vai prestar servizo nos accidentes que se produzcan na nosa costa cos helicópteros que adquiríu Manuel Fraga sendo conselleiro de pesca López Veiga...vah, que iso da igual, o importante é ter servizo, pero; poden sustituir ao cabo duns anos eses helicópteros por cacharros importados da segunda guerra mundial?, poderían, a saber...pero, cando haxa fenómenos adversos a culpa e custes poderían recaer sobre os armadores?, parece ser que "sí" a non ser que se trate de catástrofes e calamidades públicas (imaxinades que se cobrara tamén por salvarnos dun tsunami?). Si a este paso ata para morrer desgraciado vai facer falta enchufe...para qué?, para saber valorar (as leis conteñen vacíos coma lagunas) cando hai imprudenzas e cobrarlle a viúda ou fillos o recate (salvar é difícil...antes de actuar hai que comprobar estatus social ou si dispón de aseguradora e nesos cruciais minutos, mil vidas teñas). Non é igual navegar a 1 milla que a 20, nun barco de 6 metros que noutro de 40, estar nas Rías Baixas ou na Costa da Morte, etc. E non sería mellor que cada un fixera un seguro onde lle saira máis rentable sen estar obrigados a facelo ca administración pública?. Tivemos un seguro colectivo que cubría minimamente os días de temporal e gracias a el moitos barcos non saían a pescar con fenómenos adversos. Nunca un mariñeiro o fai pensando que vai suceder unha traxedia. Non se debería facer negocio cas desgracias, ou acaso por poñer un exemplo "un conductor dun coche oficial (pagados por nós) que se dirixa a San Caetano chovendo e comete unha imprudencia batendo contra outro coche ocasionando graves desperfectos en ambos vehículos e acompañantes ¿pagará do seu peto?". Que mal andan as cousas, mellor non escoitar os informativos. Chin lú, chin agua e chin ná.

3 comentarios:

  1. unha gran reflexion,noraboa polo artigo

    ResponderEliminar
  2. directo,serio,sensato e humanitario.dime como escribes y te dire quien eres...

    ResponderEliminar
  3. Auténticas verdades ás que contas tan maxistralmente, amigo.
    Parabéns

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo